NORMAS PARA A CORRECTA INSCRICIÓN NA PROBA

INSCRICIÓN "III ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN"

Recorda que debes leer detidamente toda esta información a fin de realizar correctamente a túa inscrición.

1.- Para participar na andaina debes ser maior de idade, ou vir acompañado do pai/nai/titor legal e traer unha autorización firmada por este xunto coa copia do seu DNI.

2.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 10 de marzo ata o 23 de maio, ou unha vez que se completen as 350 prazas ofertadas pola organización.

3.- Recorda que o prezo das inscricións dende o 10 de marzo ata o 07 de maio é de 12€* PRAZO AMPLIADO: dende o 10 de marzo ata o 14 de maio é de 12 €* e dende o 15 ao 23 de maio é de 16€* (o prezo reduciráse en 2€ para aqueles participantes que posuan licenza da Federación Galega de Montañismo en vigor durante a tempada 2016/2017) por participante.

4.- Coa inscrición os participantes terán dereito a:
- BOLSA DO SENDEIRISTA
· Dorsal
· Camiseta técnica
· Bolsa de cordóns
· Cantimplora
· Braga cuello


- AVITUALLAMENTO SÓLIDOS E LÍQUIDOS
· Auga
· Bebídas Isotónicas
· Refrescos
· Froitas
· Empanada/Bocadillos

- SERVIZOS DE:
· Duchas
· Piscina Cuberta
· Recollida en caso de accidente ou lesión
· Servizos médicos de primeiro alcance
· Aparcamento

5.- Non se aceptarán inscricións fora de prazo (en ningún caso), nin por outro medio que non sexa o formulario da web ou presencialmente na Piscina Cuberta Municipal de Brión.

6.- Para inscribirse na web é necesario que pinches no botón "inscrición situado no pé desta páxina e cubras todos os datos que se requiren. Os marcados con * son obrigatorios.

7.- No apartado "DISTANCIA" escolle a opción que teñas pensado realizar, de todos xeitos, esta elección non é vinculante. É dicir, se chegado o día queres facer outra distancia da seleccionada podes facelo sen problema. Este dato solo é para que a organización teña unha idea de cantos participantes queren realizar "a priori" cada distancia.

8.- A inscrición na proba supón a total aceptación das bases da III ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN. Ademais os participantes na III ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN estarán rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respetuoso coa organización e correcto cos asistentes.